|
FORO SOCIAL IBÉRICO POLA EDUCACIÓN
Dentro
do marco do Foro Social Mundial o do Foro Mundial de
Educación, que animan a crear novas instancias de promoción
de actividades, debates e unha axenda colectiva, así como
impulsar un conxunto de forums rexionais, nacionais e
temáticos, as organizacións firmantes invitamos a todas e
todos á realización dun Foro Social Ibérico Pola Educación
(*) dos pobos e nacións do Estado Español e Portugal, no mes
de outubro-novembro de 2005, na cidade de Córdoba - España.
Pensamos que podemos contribuir á consolidación dunha Rede
Mundial de Loita contra a mercantilización da educación e
pola democratización efectiva do dereito á educación pública
de calidade para todas e todos.
O
obxectivo do Foro é facer posibel un amplo debate no que
participen todos os sectores sociales co fin de incluir
todas as perspectivas e situar a educación como prioridade e
responsabilidade de toda a sociedade. Neste sentido,
dirixímonos ás persoas relacionadas coa educación tanto
formal como non formal.
Partimos da idea de que a educación é un dereito universal e
un ben público, ao cal todas as cidadás e cidadáns teñen o
dereito a acceder en condicións de igualdade e as
Administracións teñen o deber de garantir.
Queremos unha educación emancipadora, que favoreza a
relación igualitaria entre mulleres e homes, entre os
diversos pobos e culturas, e que sexa respetuosa coas
linguas e culturas das distintas nacións.
Queremos unha educación que garanta a igualdade de
oportunidades, que compense as desigualdades sociais e que
poda actuar como antídoto frente ao racismo, ao sexismo e á
exclusión social.
Defendemos o dereito que teñen todos os pobos e nacións
(tamén as do ámbito xeográfico onde se circunscribe este
foro) a construir o seu sistema educativo, a crear o seu
propio currículo e a vehicular a ensinanza na lingua propia.
Queremos que este Foro sexa o espazo para formular propostas
e sumar forzas para continuar loitando por unha educación
pública, laica, e de calidade para todos e todas.
----------
(1) Denominación acordada na reunión do 13 de xaneiro,
celebrada en Madrid con organizacións do Estado Español e
Portugal.
|