|
CHAMAMENTO POR UNHA SEMANA EUROPEA
DE MOBILIZACIÓN EDUCATIVA
Nós, axentes da educación, movementos, organizacións,
sindicatos, asociacións e diferentes membros da sociedade
civil que temos participado no Foro Social Europeo de
Londres, facemos a todas as organizacións vencelladas á
educación en Europa o seguinte chamamento:
Esta chamada vai dirixida a toda a cidadanía, ás
traballadoras e traballadores de escolas e universidades,
institutos, familias, mundo da cultura, da ciencia, a arte e
o espectáculo, parlamentarios, organizacións sindicais e
asociacións.
Reafirmámonos nos principios da Plataforma Mundial de Loitas
adoptada polo terceiro foro mundial da educación en 2004 en
Porto Alegre.
-
A educación é un ben público mundial prioritario e un
dereito humano inalienábel que inflúe na vida de toda a
xente.
-
Este dereito é esencial para o acceso a outros, para a
construción de valores baseados na solidariedade, a
emancipación e a práctica da cidadanía.
-
As políticas públicas deben asegurar a realización destes
dereitos.
-
O Estado ten o deber de garantir de maneira universal e
gratuita, sen discriminación nin exclusións, o pleno
dereito a unha educación pública emancipadora, a todos os
niveis e en todas as modalidades.
Por estas razóns estamos contra todas as políticas
neoliberais en educación e formación, como aquelas que poden
ser introducidas coa directiva Bolkenstein.
-
Contra a subordinación da educación ás necesidades do
mercado.
-
Contra a precarización do persoal que traballa na escola.
-
Contra o aumento das desigualdades sociais.
-
Contra o empobrecemento e a redución dos programas que
privan á maioría da poboación do pleno acceso á cultura.
É por iso que a educación, como dereito inalienábel de
todos, debe ser un servizo público de alta calidade.
-
Polo éxito escolar, a cualificación e o desenvolvemento
persoal para todos os mozos.
-
Pola igualdade entre alumnas e alumnos.
-
Por unha formación de alto nivel e a mellora das
condicións de traballo para todas as persoas empregadas no
sector da educación.
-
Polo aumento do gasto público en educación (cando menos o
7% do PNB).
-
Por un pensamento crítico e unha cidadanía activa.
-
Por
unha investigación e ensinanza superior ao servizo
prioritario da creación e difusión dos saberes.
-
Pola
integración das persoas con necesidades particulares,
inmigrantes e refuxiados.
-
Pola
participación, a democracia e os dereitos de alumnado e
mozos.
-
Pola
redución dos gastos en armamento e defensa e o aumento nos
presupostos educativos.
-
Pola
promoción da paz, a cooperación, a solidariedade e os
dereitos humanos sen discriminación.
Neste
sentido as escolas, institutos e centros de ensinanza
superior deben converterse nun lugar público democrático e
colectivo que acolla, recoñeza, valore e cree relacións
entre os diferentes sectores (profesorado, estudantes,
familias e comunidade).
É por
todo isto que consideramos necesario desenvolver unha
mobilización ampla de mozos e de toda a comunidade educativa
en xeral, familias e cidadanía. Lanzamos unha chamada pola
semana europea de mobilización e iniciativas que implique a
toda a sociedade entre o 9 e o 15 de maio de 2005.
ALEMAÑA:
Padagoginnen fur den Frieden
REINO
UNIDO: NUT Birmingham
ESPAÑA:
STEs-i, CCOO
FRANCIA: Attac France, FSU (SNES-SNESUP-SNUIPP), FERC.CGT,
Ligue de l´enseignment, CEMEA, ICEM Pedagogi freiner, GFEN,
UNEF
GRECIA:
Olme
IRLANDA: Attack
ITALIA:
CGIL Scuola, Asamblea de Movimientos contra la reforma
Moratti
PORTUGAL: FENPROF
EUROPA:
ESIB
CONSELLO INTERNACIONAL DO FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN |